sábado, 14 de fevereiro de 2009

Os consellos dos indios

O Indio, un mestre caralludo, agasalloume un consello que non esquecerei na miña vida. Despediámonos despois dun encontro arredor dun café. Eu cruzaba a beirarrúa e el xa andaba noutra dirección dando trancos. Virouse cara min e cun ademán espantalleiro ouveou “Á MERDA COS MAMÓNS!”. Ese ano el comezaba con clases de acordeón porque o acordeón lle traía recordos de cando era neno, pois na súa aldea, como en moitas aldeas da Galicia, escoitábanse dous instrumentos: a gaita e o acordeón. E a el gustáballe o acordeón. De seguro, marchamos os dous asubiando cada un a súa canción.

Debuxo d´O Indio feito por alguén co ollo bo. Publicado na revista Besbello Saltón do I.E.S. Alexándre Bóveda de Vigo (COIA 2).

3 comentários:

Carmen disse...

á merda cos eles!

Anónimo disse...

Ola rapariga
alédome moito de verte pola blogosfera

Anónimo disse...

Parabéns Ángela polo premio extraordinario! Cando recolles o Óscar?