sábado, 28 de fevereiro de 2009

A fe dos residuos

Mirade, onte decidinme por un licor eivisenco. E rematei nos residuos da rúa “de la Fe”. Polo demais, a mensaxe dunha compañeira quítame do mal sono (o meu corpo dourándose coma un polo no forno). Un consello: cando esteas nesta situación, non mires ó teu arredor, nin ós carteis das paredes, nin ós nomes dos bares. Baixa a testa cara o chan. Mañá, en Galicia e en Euskadi daranse os resultados electorais. E como din os meus: “Goberne quen goberne, Galiza non se vende”. En fin, os residuos e mais eu estivemos na rúa da Fe. Quén foi o cínico!?. “La vida es perra”, dise ben. Seica Neil Young dixo unha vez: “Son só un soñador e ti só es un sono”.

Heart of Gold, Neil Young.
No caso de que a borren, escoitade a de Johnny Cash.
Que voz a do tío John!

Sem comentários: