sábado, 28 de março de 2009

Deste mundo


DESTE MUNDO

Non é Platón amigo meu.
Sei da túa pel,
e quixera.

"La Habitación Desdoblada"

Co poder do Atún conxurado polos Diplomáticos de Montealto... O espazo e o tempo concordaron á fin. Polo menos nas ondas!



Abrimos a porta de La Habitación Desdoblada, un programa radiofónico emitido na casa de Radio Enlace, a radio libre e comunitaria do barrio madrileño de Hortaleza. Poderedes escoitalo á 1 na madrugada do martes ó mércores sintonizando o 107. 5 da FM, ou ben, entrando na páxina http://re.urcm.net/ e pinchando en "Escúchanos en directo". Tocante ó roteiro, cando estea todo arranxado, dareivos as indicacións necesarias pra chegar ó noso porto. Mentres tanto, se quedades varados, preguntade ós faunos, que saben ónde estamos.



As Tres da Porta d´Atrás entran na habitación e séntanse arredor dos micros. Ó mando da maquinaria do barco, saúdanos con saúde e acción o camarada Ray. Comeza a soar a música, a nosa rosa dos ventos, e nós seguimos os sons como refachos de vento. Subide, Subide a bordo!. Embarcámonos nunha nova aventura. Carmen, Silvia e Irene comezan un novo capítulo no caderno de bitácora. As portas están abertas, logo, o noso amor é mariñeiro.

Bicade a auga salgada!

sexta-feira, 13 de março de 2009

As tardiñas do meu 7 de Maio

Ó cumpriren anos, os raparigos xabaríns de carné agardábamos até o final do programa pra alí nos ver o careto.

 

segunda-feira, 9 de março de 2009

A cagada da prudente

Moitos de nós somos prudentes, por natureza ou non. Sempre soubemos que nos asuntos delicados hai que andar con tento e que as decisións máis vale tomalas con xeito. Consideramos que os nosos asuntos delicados teñen un reloxo biolóxico interno que nos vai marcando os tempos do noso propio movemento. E isto faise así, por consideración ou respecto. Por iso, cando un prudente a caga nun asunto delicado lle fode o dobre que a un cabalo desbocado. Porque cando a caga, todo o seu esforzo a prol da prudencia vaise ao carallo nun abrir e pechar de ollos.

Contra o caos, a prudente, a pesar de que fai ademán de suicidarse en plan dramático, está branca, trémanlle as coxas, e non ten vontade de articular palabra nin de verbalizar unha decisión, coñece no seu foro interno o que debe facer, xa que logo, presta atención ao mundo que lle pasa pola barra do bar, é moi reflexiva, e ten senso común. Polo tanto, a súa intervención no asunto será, moi probabelmente, acertada.

A prudente terá a oportunidade de explicarse (iso está moi ben) pero ao pé do abismo (forte dor de testa, vertixe, tatexos, vergoña e medo ás consecuencias). Non hai engano, non hai falla de verdade no que di, fai ou pensa. Faltoulle dicir que o que máis sinte non é a cagada, senón ter feito algo que sempre rexeitou: a intromisión. Tempo longo despois de rematar a súa explicación, repítese así mesma que debe perfeccionar a súa habilidade pra falar ben, inclusive nos momentos máis extremos, que á vez, en moitas ocasións, son únicos e irrepetíbeis. A prudente é un pouco perfeccionista e, que se vai facer, góstalle o cine do Hollywood clásico.

Poidera ser que, polo antollo dos deuses ou pola puta casualidade, a intervención acertada fose unha verdadeira “metedura de pata” dado o contexto. Tralo estraño silencio no ambiente, a precavida saca a conclusión de que un desatino pódeo cambiar todo. Que unha palabra, unha frase, un xesto ou outra acción de curto ou longo percorrido pode cambiar unha situación de arriba a abaixo, ou ben, remexer nos demais pra ben ou pra mal.

Gardaría isto no peto, pero me venceu a imprudencia. Ou, se cadra, non.


sábado, 7 de março de 2009

Soños





High Hopes, Pink Floyd
"The grass was greener
The light was brighter
The taste was sweeter
The nights of wonder
With friends surrounded
The dawn mist glowing
The water flowing
The endless river
Forever and ever"

“O pasto era máis verde / a lus máis brillante / o sabor máis doce / as noites de marabilla / rodeado de amigos / a néboa do amencer brillando / a auga fluíndo / o río sen fin / Por sempre endexamais”.

domingo, 1 de março de 2009

Goberne quen goberne, Galiza non se vende

Cabo Home. Foto de Antonio Martín Sotelo.

Colgo un comentario dun tal Celso aparecido no xornal dixital de Vieiros:
"Dous avisos importantes:
1) Os transatlânticos gémeos "Galicia Terra Meiga" e "Esquiniña Verde" com destino Groenlândia estão ancorados nos portos de La Coruña e El Vigo. Ainda há passages para camarotes de terceira (eu conseguim uma suite).
2) Na Rede já circula uma iniciativa popular, "Causa Región" para a derogação definitiva do Estatuto de Autonomia de Galicia. Antes de embarcar-te, assina! Talvez, se temos sorte e fazem caso, dentro duns anos podamos regressar".

Porén, pola miña banda, dende Madrid, a carón das Tres da Porta d´Atrás (grazas polo apoio silandeiro), trala fin de semana na compaña do alcol e dun reencontro especial en Hortaleza (grazas, Rai, por nos sinalar o voso Faro), agora xunto o licor café e o desamor (pola terra, enténdase), escoitando a Neil Young e Johnny Cash (como hai anos que non o facía), só me saen da gorxa unhas poucas verbas:

SAÚDE E ACCIÓN!! (compañei@s do local universal).

Cabo Vilano (Costa da Morte). Foto de Antonio Martín Sotelo.