sábado, 28 de março de 2009

"La Habitación Desdoblada"

Co poder do Atún conxurado polos Diplomáticos de Montealto... O espazo e o tempo concordaron á fin. Polo menos nas ondas!



Abrimos a porta de La Habitación Desdoblada, un programa radiofónico emitido na casa de Radio Enlace, a radio libre e comunitaria do barrio madrileño de Hortaleza. Poderedes escoitalo á 1 na madrugada do martes ó mércores sintonizando o 107. 5 da FM, ou ben, entrando na páxina http://re.urcm.net/ e pinchando en "Escúchanos en directo". Tocante ó roteiro, cando estea todo arranxado, dareivos as indicacións necesarias pra chegar ó noso porto. Mentres tanto, se quedades varados, preguntade ós faunos, que saben ónde estamos.



As Tres da Porta d´Atrás entran na habitación e séntanse arredor dos micros. Ó mando da maquinaria do barco, saúdanos con saúde e acción o camarada Ray. Comeza a soar a música, a nosa rosa dos ventos, e nós seguimos os sons como refachos de vento. Subide, Subide a bordo!. Embarcámonos nunha nova aventura. Carmen, Silvia e Irene comezan un novo capítulo no caderno de bitácora. As portas están abertas, logo, o noso amor é mariñeiro.

Bicade a auga salgada!

4 comentários:

Silvi disse...

Pues lo dicho... El comienzo de un nuevo proyecto que no podía llegar en mejor momento... Todo el aire que entra por la puerta abierta, nos vendrá muy bien...
Un bikiño!!

Loli disse...

Parabéns as Tres da Porta d´Atrás e o maquinista.
Dende a Costa Oeste e coa baliza acendida, beberemos a auga salgada e escoitaremos ás novas portas que se abren en "La Habitación Desdoblada".

Apertas!!!

Luís disse...

Oda ao paciente micrófono:escoitas, logo ves.
Agardo recuperar a visión cando comece a primeira hora de cada mércores. Sen dúbida, a noite recuperará a súa función.A radio é un arma poderosa. Como a alquimia dos elementos, converte o invisible en visible.Que as vosas voces acendan a luz e iluminen o espazo.Grazas pola vosa converxencia, a "As tres da Porta D´Atras".
Maxia, saúde e acción

Ire disse...

Irene pensa traballar, polo menos, un ano máis en Madrid pra manter aberta a porta da Habitación Desdoblada.