domingo, 1 de março de 2009

Goberne quen goberne, Galiza non se vende

Cabo Home. Foto de Antonio Martín Sotelo.

Colgo un comentario dun tal Celso aparecido no xornal dixital de Vieiros:
"Dous avisos importantes:
1) Os transatlânticos gémeos "Galicia Terra Meiga" e "Esquiniña Verde" com destino Groenlândia estão ancorados nos portos de La Coruña e El Vigo. Ainda há passages para camarotes de terceira (eu conseguim uma suite).
2) Na Rede já circula uma iniciativa popular, "Causa Región" para a derogação definitiva do Estatuto de Autonomia de Galicia. Antes de embarcar-te, assina! Talvez, se temos sorte e fazem caso, dentro duns anos podamos regressar".

Porén, pola miña banda, dende Madrid, a carón das Tres da Porta d´Atrás (grazas polo apoio silandeiro), trala fin de semana na compaña do alcol e dun reencontro especial en Hortaleza (grazas, Rai, por nos sinalar o voso Faro), agora xunto o licor café e o desamor (pola terra, enténdase), escoitando a Neil Young e Johnny Cash (como hai anos que non o facía), só me saen da gorxa unhas poucas verbas:

SAÚDE E ACCIÓN!! (compañei@s do local universal).

Cabo Vilano (Costa da Morte). Foto de Antonio Martín Sotelo.

3 comentários:

Ángela disse...

oes nena,
isto faime reflexionar...
temos que voltar a Galicia,

como che dixen antes.
Ti líder do BNG e eu do PSdeG...
gobernamos xuntas, facemos un bipartito en condicións, eu douche Medio Ambiente e Cultura, e tí dame Política Territorial´, educación e economía....e facemos de Galicia un lugar de futuro...
Iso, que non se vende.
Esta derrota fíxome relfexionar...
de que me sirve traballar para europa, se na miña terra todavía pasan cousas como esta??

Carmen disse...

Debería haber sospechado de esa estrella roja iluminada en tu frente...

aunque juraría que no duermes bajo ninguna bandera, eso sólo atrae malos sueños

la lucha, amigas, está en la letras!

Irene Martín disse...

Imos ver...
Déixate de reparto de bacallau. Polo menos eu non sirvo pra iso.

A relación Xunta – Medios nos últimos 20 anos non mudou nada. E xa na primeira rolda de prensa como presidente electo, Feijóo agradecía ós medios de comunicación a transmisión da súa mensaxe e aseguraba que “seguirán transmitindo a xestión de goberno”.

Polo demais, agora só queda darlle ó viño e traballar moito.