sexta-feira, 13 de fevereiro de 2009

Viaxe a Ítaca

Os últimos cinco anos resúmense en tres viaxes:

Primeira: Marchar a Madrid se quería estudar Xornalismo. Eu imaxinaba a miña entrada na cidade cunha mazá verde na man. Eu cría que ía vivir un maio do 68, despois do ghalipote do Prestige e da Guerra de Iraq. Pero caín na URJC, un páramo incomunicativo onde, ironicamente, medran oliveiras e roseiras.

Eis, onde coñecín outra forma de resistencia re – existente: “As Tres da Porta de Atrás”. Lembrade raparigas, primeiro fomos mosqueteiras.

Segunda: Saír de Madrid correndo dirección Santiago de Compostela se quería recuperar folgos. Na capital madrileña non se podía respirar. E eu tiña ganiñas de coñecer os que terían sido os meus compañeiros de universidade. Quería tamén dar por cu ó sistema educativo e rirme do “Código de Praticidade a Curto Prazo”.

Fagas o que fagas, rumbo oeste, rumbo oeste! (Instrucións de navegación para o Cabo de Fornos). Conto de Jack London, Rumbo oeste (Recollido en Contos do mar. Editorial Tris Tam).

Terceira: Agora, facendo taberna con latexo enxebre en Madrid. Cos pés no ar, o cerne da miña cuestión é deixar ou non de ser un ente temporal. 

"...o sea, resumiendo estoy jodido y radiante quizá más lo primero que lo segundo y también viceversa". Poema de Mario Benedetti, Viceversa.

De cando en vez, miro de esguello o billete de bus de Ida e Volta Express e pouso a vista no papeliño branco grampado nunha esquina que di: “Vale por consumición. Opción A: Café con Magdalena o Sobao o Croisant. Opción B: Cerveza o Refresco. Nota: estos productos podrán ser variados según existencias”. Sempre que facemos “unha parada de vinte minutos” en Pobla de Sanabria (Zamora), hai que tomar unha decisión.

4 comentários:

Anónimo disse...

Esas son las decisiones más complicadas... café o cerveza?? El resto vienen dadas...
Respiraste en Santiago y contribuyes a que Madrid sea menos axfisiante para todos...
Gracias companheiras!

Anónimo disse...

Mira, ayer me decidí por un licor bizantino. Y acabé en los residuos de la calle Argumosa. Por lo demás, tu mensaje me quita el mal sueño (mi cuerpo dorándonse como un pollo en el horno). Graciñas!!
Mañana, sesión de resultados electorales. A ver qué coño pasa.
UNHA APERTA

Anónimo disse...

Fe de errores: el licor era ibicenco, no bizantino. Me traiciona el subconsciente...jeje

Irene Martín disse...

Fe de errores: yo y los residuos estuvimos en la calle de la Fe. Quién fue el cínico!?